martes, 19 de mayo de 2015

O terremoto de Nepal cambiou a forma da Terra.

O pasado 25 de abril, o que sen dúbida foi o peor desastre natural en Nepal dende 1934, tivo un efecto directo sobre a forma da Terra. Segundo as investigacións do Earth Observatory da NASA, o terremoto de 7,9 graos na escala Richter, provocou que unha falla situada nos bordos das placas tectónicas da India e Eurasia e de 90 por 30 quilómetros de extensión, se deslizase ata seis metros dende a súa posición inicial...


Pero isto non é todo: outras paisaxes da zona próxima ao centro do terremoto foron levantadas e outros caeron varios metros! 
Segundo esta imaxe facilitada pola NASA, as zonas coloreadas en vermello mostran movementos no chan en dirección ao satélite; as zonas en azul mostran un distanciamento dende o satélite; as zonas sombreadas en amarelo son aquelas nas que non se apreciaron cambios significativos.

Grazas ás medicións do Sistema de Posicionamento Global (GPS) e outros sensores, os científicos puideron confirmar que estes movementos de terra se realizaron cara a abaixo ou cara a arriba, é dicir, diminuíndo ou elevando a superficie da Terra.

Fixen unha presentación con algunhas fotos sobre este desastre natural. Clicka aquí para ver 

No hay comentarios:

Publicar un comentario