Ata que foi encontrada hai uns días na costa de Queensland, ao nordés de Australia, non había referencias desta inquietante criatura: unha augamar con tentáculos dun metro de longo, unha enorme umbrela -como se chama a parte superior destes animais- e, sobre todo, unha refulxente cor violeta que non pasa inadvertida.
Pero cando se fixo público o achado, empezaron a xurdir testemuños de avistamentos noutras praias australianas, algúns con foto, que se remontan ao ano 2008.
As miles de bocas microscópicas das súas extremidades, coas que se alimenta de plancto, e outros detalles da súa anatomía emparentan ao monstro violeta co xénero Thysanostoma.
Non obstante, todos os exemplares de Thysanostoma que colonizan as augas australianas son moito máis pequenos e exhiben unha discreta tonalidade beis. Seguramente achámonos ante unha especie descoñecida que empezou a proliferar máis rápido ou se desprazou dende outro lugar por algún cambio nos hábitats do océano Pacífico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario