sábado, 25 de abril de 2015

Así é un paseo espacial visto cunha cámara GoPro.

Os astronautas Barry «Butch» Wilmore e Terry Virts foron os encargados de facernos ver como é unha viaxe espacial en primeira persoa. Para iso colocáronse cámaras GoPro nos seus traxes especiais.
A gravación mostra o paseo espacial dos dous astronautas, invítanos a asomar a cabeza polo espazo e facernos unha idea do que significa moverse con gravidade cero aos arredores da Estación Espacial Internacional (ISS).
Clicka aquí para ver o vídeo.

As formigas urbanas prefiren a comida basura.

"Ás formigas urbanas gústalles o comido lixo"   Así o demostrou unha investigación da Universidade Estatal de Carolina do Norte... O estudo puxo a proba os niveis de isótopos en formigas da cidade de Nova York para determinar a variedade da súa dieta. «Queriamos coñecer máis por que algunhas especies de formigas son capaces de vivir xunto a nós -nas beirarrúas ou nos edificios-, mentres que outras se manteñen nos arredores do ámbito humano»
Os científicos recolleron máis de 100 mostras de formigas, representadas en 21 especies, en ducias de sitios nas beirarrúas, os sitios medianos das rúas e os parques... as especies máis comúns nas beirarrúas e as zonas medianas da cidade tiñan máis altos niveis de carbono -13 que aquelas que se encontran nos parques.