jueves, 4 de junio de 2015

Orificios nos boligrafos.

Sabiades que o burato da parte superior do tapón dos bolígrafos ten como misión impedir a asfixia se alguén o traga por accidente?



 Moitos bolígrafos teñen no tapón superior un orificio na parte de arriba. Non se trata dun capricho ou dun defecto, é unha medida que evita que se o tragamos nos corte a respiración.
Unha medida sinxela que pode evitar máis dun susto. Aínda que a simple vista lles pareza que resulta imposible respirar por tan pequeno orificio, é suficiente para que entre aire nos pulmóns mentres o atragoado recibe atención médica.
Ou mentres se lle practica a "manobra de Hiemlich". É unha técnica de emerxencia para evitar a asfixia cando se bloquean as vías respiratorias dunha persoa cun anaco de alimento ou outro obxecto. Pódese utilizar de xeito seguro tanto en nenos coma en adultos.
É relativamente sinxela: se o atragoado está consciente, sitúese detrás del e coloque os brazos arredor da súa cintura. Coloque o puño, co polgar cara a dentro, xusto por enriba do embigo da persoa, e agarre o puño firmemente coa outra man.
Tire do puño con forza e abruptamente cara a arriba e cara a dentro para aumentar a presión na vía respiratoria por detrás do obxecto causante da obstrución e forzalo a saír da traquea.
Así que xa sabe, a revisar os seus bolis e, se non teñen o burato, fágao vostede.


martes, 2 de junio de 2015

Algúns dos alimentos máis adictivos.

Hai alimentos que podemos considerar drogas? Algúns deles actúan directamente sobre o noso cerebro creando unha sensación similar á adicción aos estupefacientes. A pesar de que sabemos que non é bo abusar deles, que nos engordan ou que mesmo poden sentarnos mal, unha vez que empezamos non podemos parar de comelos...
O chocolate é o máis adictivo
As patacas de bolsa
Hamburguesas
Os refrescos azucarados


Os  xeados
Os bolos 
As golosinas
[...]

O café máis caro do mundo, o Kopi Luwak; elaborado con grans que foron dixeridos por un animal.

Esta criatura peluda  parece ter mestura entre un gato e un furón. A civeta sobe as árbores para encontrar os mellores froitos, cómeos, dixíreos e acidentalmente saen os grans de café nas súas feces. Os granxeiros recollen os desfeitos da civeta e levan os grans a unha planta procesadora. Algo dos xugos gástricos no estómago das civetas lle dá ao Kopi Luwak o seu sabor único.
CIVETA ⤴
KOPI LUWAK, O CAFÉ DE CIVETA ↑