Unha medida sinxela que pode evitar máis dun susto. Aínda que a simple vista lles pareza que resulta imposible respirar por tan pequeno orificio, é suficiente para que entre aire nos pulmóns mentres o atragoado recibe atención médica.
Ou mentres se lle practica a "manobra de Hiemlich". É unha técnica de emerxencia para evitar a asfixia cando se bloquean as vías respiratorias dunha persoa cun anaco de alimento ou outro obxecto. Pódese utilizar de xeito seguro tanto en nenos coma en adultos.
É relativamente sinxela: se o atragoado está consciente, sitúese detrás del e coloque os brazos arredor da súa cintura. Coloque o puño, co polgar cara a dentro, xusto por enriba do embigo da persoa, e agarre o puño firmemente coa outra man.
Tire do puño con forza e abruptamente cara a arriba e cara a dentro para aumentar a presión na vía respiratoria por detrás do obxecto causante da obstrución e forzalo a saír da traquea.
Así que xa sabe, a revisar os seus bolis e, se non teñen o burato, fágao vostede.