jueves, 6 de noviembre de 2014

Conclúe a retirada de combustible do reactor 4 de Fukushima

A operadora da accidentada central nuclear de Fukushima anunciou este martes do mes de Novembro barras de combustible gastado que se encontraban na piscina do reactor 4 da planta, considerado un primeiro paso importante para desmantelar todo o complexo.

Esta operación foi ata a data a máis delicada dende que se desatase en 2011 a peor crise atómica nun cuarto de século a consecuencia de que a planta resultase golpeada por un terremoto de 9 graos Richter e un tsunami posterior.

Os operarios remataron de retirar o martes as últimas 11 pezas de combustible gastado -moi radiactivas- dun total de 1.331 que se encontraban no interior da piscina anexa ao reactor 4, confirmou aEfe unha voceira da operadora da central, Tokyo Electric Power(TEPCO).

Aínda que o reactor 4 non se encontraba en funcionamento cando sobreveu a traxedia de 2011, o edificio que o acolle sufriu unha explosión por concentración de hidróxeno, o que complicou enormemente todo o operativo, que comezou en novembro do ano pasado.

Non obstante, o proceso para retirar combustible das piscinas e os núcleos dos reactores 1 a 3 será aínda máis difícil, posto que estas unidades si estaban a funcionar cando sucedeu o desastre de 2011 e sufriron fusións parciais tras resultar danado o seu sistema de refrixeración.

A semana pasada anunciouse que a retirada de combustible gastado da piscina do reactor 1 se atrasará dous anos, ata 2019, e a do combustible dentro da unidade se postergará cinco, ata 2025, polo temor a que a retirada dunha cuberta que protexe o edificio esparexa po radiactivo polos arredores.

Non obstante, non se espera que estes atrasos afecten ao conxunto do proceso de desmantelamento da planta, que cre que concluirá en torno ao ano 2040.

O accidente en Fukushima foi o peor dende o de Chernóbil (Ucraína) en 1986, e as súas emisións e verteduras radiactivas aínda manteñen evacuadas a miles de persoas que vivían en torno á central, ademais de afectar gravemente á agricultura, a pesca e a gandaría local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario