jueves, 4 de diciembre de 2014

Orion, o regreso do home ao espazo.

A nova cápsula Orion será o primeiro paso cara á futura exploración humana do Sistema Solar e a primeira vez, dende as misións Apolo, que a NASA parece realmente decidida a que o home volva viaxar polo espazo.

Non haberá tripulantes nesta ocasión, pero si máis de 1.200 sensores a bordo dispostos a captar ata o último detalle do funcionamento de todos os sistemas, dende o despegue ao desencaixamento das distintas fases do foguete, os sistemas de supervivencia, a resistencia do escudo térmico durante a manobra de reentrada á Terra e, por suposto, a amaraxe.

O seguinte voo de proba de Orión non se levará a cabo ata 2018 e a primeira misión tripulada terá que esperar un pouco máis, ata principios da década de 2020, aínda que o seu obxectivo non está aínda de todo claro.

Orión, cuxo aspecto cónico recorda ao das cápsulas Apolo, aínda que nunha versión bastante maior, realizará un voo de catro horas e media, durante as cales se poñerá en ótbita da Terra a case 5.700 km. de altura (a Estación Espacial internacional está a "só" 400 km.) para reentrar despois na atmosfera como un bólido, a máis de 32.000 quilómetros por hora e soportando unhas temperaturas de 2.200 graos centígrados.

Ao final do seu voo, caerá no Océano Pacífico, a uns 1.000 km. das costas de California, onde será recollida e se levará de volta ao Centro Espacial Kennedy para ser examinada a fondo.Orion, el regreso del hombre al espacio

No hay comentarios:

Publicar un comentario